Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

viernes, 30 de julio de 2010

Información OPE

Onte 29 de xullo sairon publicadas en DOG as seguintes informacións:

- Puntuacións definitivas do terceiro e/ou cuarto exercicio, acadadas polos/as aspirantes das categorías de cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa e persoal de servizos xerais. Apertura do prazo de quince días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación, para que estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

- Publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polos aspirantes das categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía, logopeda, técnico/a especialista en radioterapia.

CONCURSO DE TRASLADOS

O 28 de xullo publicouse no DOG a convocatoria do concurso de traslados do resto de categorías.
RESUME CONVOCATORIA DO CONCURSO DE TRASLADOS.

1. Participan obrigatoriamente no concurso de traslados o persoal estatutario fixo en situación de reingreso provisional. IMPORTANTE: Aquí están incluídas as Comisións de servizo e terán que solicitar TODAS as prazas da súa categoría convocadas na súa área. O que non participe ou non solicite todas as prazas, e non obtenía destino pasará a excedencia voluntaria.

2. SOLICITUDES:

 Cubrir unha única solicitude a través do FIDES e imprimila para entregala co resto da documentación.
 IMPORTANTE: serán desestimadas as solicitudes con marcas ou riscaduras.
 As solicitudes dirixiranse á Dirección de RRHH do Servizo Galego de Saúde (San Lázaro, s/n, 15703 – Santiago de Compostela) e poderán presentarse:
• Consellería de Sanidade
• Xefaturas Territoriais de Sanidade dos Departamentos territoriais da Xunta
• Direccións Provinciais do Sergas
• Servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Sergas
• Servizos de persoal das Xerencias de Atención Primaria do Sergas
 Prazo de presentación de solicitudes: 15 DE SETEMBRO DE 2010.

3. DOCUMENTACIÓN:

 Copia do DNI ou Pasaporte
 Copia compulsada do nomeamento en propiedade na categoría.
 Certificación/s orixinal/es de servizos prestados como estatutario, tanto fixo como temporal, na mesma e en distinta categoría, nos distintos centros do Sistema Nacional de Saúde. SÓ SE VALORARÁN OS MÉRITOS ATA O 27 DE XULLO DE 2010.
 Copia compulsada dos diplomas de lingua galega.
 Persoal en excedencia: copia compulsada da resolución na que se lle concedeu.
 Persoal en reingreso provisorio/comisión de servizos: copia compulsada da resolución pola cal se autorizou.

4. As prazas serán IRRENUNCIABLES

5. Durante o prazo de presentación de solicitudes poderanse retirar ou modificar estas coa presentación dunha nova, que anulará a anterior. IMPORTANTE: transcorrido o prazo de presentación de solicitudes non se admitirán modificación ou retirada da solicitude, nin a presentación de novos documentos.

6. BAREMO DE MÉRITOS:

 Experiencia profesional: máximo 250 puntos

 Estatutario fixo mesma categoría: 0.60 puntos/mes
 Estatutario fixo distinta categoría: 0.25 puntos/mes
 Estatutario temporal: máximo 50 puntos
 Estatutario temporal mesma categoría: 0.30 puntos/mes
 Estatutario temporal distinta categoría: 0.10 puntos/mes
 Computaranse os meses por días naturais.

 Coñecemento lingua galega: máximo 10 puntos

 Iniciación ou celga 2 ou 3: 5 puntos
 Perfeccionamento ou celga 4: 10 puntos

lunes, 5 de julio de 2010

CALENDARIO PREVISIÓNS XULLO SOBRE OPE E CONCURSO DE TRASLADOS

O Sergas remiteu o calendario coas previsión de OPE e Concurso de traslados para o MES DE XULLO.

1º.- Venres, día 9 de xullo, publicación en DOG das puntuacións provisionais da fase de concurso (OPE) das seguintes categorías:

- Costureiro/a .

- Enfermeiro/a especialista en saúde mental .

- Fisioterapeuta .

- Grupo administrativo da función administrativa .

- Perruqueiro/a .

- Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía .

- Técnico/a especialista en hixiene bucodental .

2º.- Luns día 12 de xullo, publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso (OPE) da categoría de médico de familia de atención primaria e se abra o prazo de un mes para a presentación da documentación xustificativa de que se cumpren os requisitos da convocatoria.

3º.- Sobre mediados de xullo, publicación das notas provisionais dos exercicios da parte xurídica (cociñeiros/as) e de coñecemento de galego das categorías de cociñeiro/a, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX.

O prazo para a presentación da documentación da fase de concurso destas categorías estímase que sexa aberto sobre finais do mes de xullo.

4º.- Na segunda quincena do mes de xullo poderán publicarse as baremacións provisionais dalgunha categoría máis.

5º.- Mediados de xullo, respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios.

6º.- Segunda quincena mes de xullo, será convocado lprevisiblemente o concurso de traslados para categorías de licenciados sanitarios de atención primaria e do resto de categorías (excepto FEAS).

7º.- Mediados do mes de xullo, publicación no D.O.G. das resolución definitivas do concurso de traslados de FEAS así como da OPE de FEAS. Nas devanditas resolucións se anunciarán as datas dos prazos posesorios de ámbolos dous procesos, que será ao longo do vindeiro mes de setembro.

viernes, 25 de junio de 2010

Modificación da orde de confección de nóminas 2010.

Onte 24 de xuño de 2010 publicouse no DOG a Lei 3/2010 pola que se modifican os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.
Hoxe 25 de xuño, tamén se publica a Orde do 24 de xuño pola dque se ditan as instruccións para a confección de nóminas do ano 2010 con efectos dende o 1 de xuño de 2010.
Lei 3/2010. Modificación dos orzamentos da Comunidade Autónoma.
Orde de confección de nóminas 2010 modificada.

Recordatorio acto de elección de destino do persoal facultativo da OPE 2008

Mañá sábado 26 de xuño será o acto de elección de destino para os aspirantes para as prazas do persoal facultativo da OPE 2008.
CATEGORÍA/ESPECIALIDADE: Prazas/Hora
ALERGOLOXÍA: 3 / 9.45h
ANÁLISES CLÍNICAS: 4 / 9.45h
ANATOMÍA PATOLÓXICA: 5 / 9.45h
ANXIOLOXÍA E CIRURXÍA VASCULAR: 1 / 9.45h
APARELLO DIXESTIVO: 4 / 9.45h
CARDIOLOXÍA: 12 / 9.45h
CIRURXÍA CARDIOVASCULAR: 1 / 9.45h
CIRURXÍA ORAL E MAXILOFACIAL: 2 / 9.45h
CIRURXÍA PEDIÁTRICA: 1 / 9.45h
CIRURXÍA PLÁSTICA, ESTÉTICA E REPARADORA: 2 / 9.45h
CIRURXÍA TORÁCICA: 3 / 9.45h
CIRURXÍA XERAL E APARELLO DIXESTIVO: 16 / 9.45h
DERMATOLOXÍA MÉDICO C. E VENEREOLOXÍA: 2 / 9.45h
ENDOCRINOLOXÍA E NUTRICIÓN: 3 / 9.45h
FARMACIA HOSPITALARIA: 5 / 9.45h
HEMATOLOXÍA E HEMOTERAPIA: 5 / 9.45h
MEDICINA FÍSICA E REHABILITACIÓN: 5 / 9.45h
MEDICINA INTENSIVA: 9 / 9.45h
MEDICINA INTERNA: 25 / 9.45h
MEDICINA PREVENTIVA E SAÚDE PÚBLICA: 1 / 9.45h
MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA: 3 / 9.45h
NEFROLOXÍA: 4 / 9.45h
NEUROFISIOLOXÍA CLÍNICA: 3 / 9.45h
NEUROLOXÍA: 12 / 9.45h
OBSTETRICIA E XINECOLOXÍA: 20 / 11.30h
OFTALMOLOXÍA: 16 / 11.30h
ONCOLOXÍA MÉDICA: 6 / 11.30h
ONCOLOXÍA RADIOTERÁPICA: 1 / 11.30h
OTORRINOLARINGOLOXÍA: 7 / 11.30h
PEDIATRÍA E AS SÚAS AREAS ESPECÍFICAS: 18 / 11.30h
PNEUMOLOXÍA: 3 / 11.30h
PSICOLOXÍA CLÍNICA: 4 / 11.30h
RADIODIAGNÓSTICO: 11 / 11.30h
RADIOFÍSICA HOSPITALARÍA: 2 / 11.30h
REUMATOLOXÍA: 4 / 11.30h
TRAUMATOLOXÍA E CIRURXÍA ORTOPÉDICA: 23 / 11.30h
UROLOXÍA: 3 / 11.30h
XERIATRÍA: 1 / 11.30h
MÉDICO COORDINADOR 061: 2 / 11.30h
MÉDICO ESPECIALISTA EN MEDICINA DO TRABALLO: 3 / 11.30h
ANESTESIOLOXÍA E REANIMACIÓN: 36 / 13.15h
MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS: 43 / 13.15h
TOTAL: 334 PRAZAS

DESCARGA AQUÍ A RELACIÓN DE PRAZAS OFERTADAS

O acto de elección de destinos terá lugar no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n de Santiago de Compostela.

No cadro non figura a especialidade de psiquiatría.
Isto é a consecuencia de que a OPE 2006 de psiquiatría estaba denunciada. E agora o Xulgado ditou un auto de sobreseimento por non existir base probatoria para formular acusación, é dicir, que xudicalmente a denuncia non prosperou, polo que se da por válido o exame do 2006.
Debido a isto a elección da especialidade de psiquiatría se vai a demorar inicialmente porque pretenden que aporten méritos os da OPE 2006, para despois elixir destino a OPE 2006 e a 2008 o mesmo día.

Reunión do BNG co Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira.

O pasado martes 22 de xuño tivo lugar en Cee unha reunión entre o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez e o Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira.
Nesa reunión o Comité de Empresa tivo a oportunidade de explicar as distintas problemáticas existentes no HVX.

Celadores.
A presidenta do Comité de Empresa explicoulle ao voceiro do BNG que os únicos hospitais de Galicia que non teñen celadores son o Virxe da Xunqueira e o da Barbanza. Tamén se explicou a sobrecarga que supón para o resto de categorías o feito de ter que asumir as funcións de celador, ademáis das súas propias, coa conseguinte repercusión sobre a calidade asistencial que se lles ofrece aos doentes, ratificando así a consideración da Xunta de que tanto os traballadores coma os cidadáns da Costa da Morte somos de segunda categoría en comparación co resto de hospitais do Sergas.
Tras esta exposición, Guillerme Vázquez calificou esta situación de inadmisible e incompresible, e comprometeuse a presentar unha iniciativa parlamentaria para a dotación da categoría profesional de celador nestes dous hospitais.
Ligado a este tema falouse da diminución da contratación que se está a producir neste último ano e que ve agravada pola situación de falta de celadores e porque os cadros de persoal están sempre baixo mínimos (tal e como se puido constatar na última folga onde os servizos mínimos determinados correspondían nun 80% coas presenzas dun día laboral normal), xa que con menos persoal hai que sacar adiante o mesmo volume de traballo.

Servizo de radioloxía.
Igualmente a presidenta do Comité de Empresa expúxolle ao voceiro do BNG, a experiencia piloto que pretende levar a cabo o Sergas cos servizos de radioloxía dos hospitais comarcais (Cee-Ribeira-Salnés e Barco-Monforte-Verín) substituindo as gardas localizadas por un radiólogo remoto compartido para cada tres hospitais. O voceiro do BNG amosou a súa preocupación coa política que está a levar o goberno do PP en Galicia, posto que con este modelo o que se está intentando é implantar un modelo privatizador da Sanidade Pública, o cal vai en detrimento da calidade asistencial nos hospitais de Galicia. Recoñece que neste momento este tema vai a ser difícil de tratar pero que estase a dar un movemento social en defensa da sanidade pública, grazas ao cal daran a batalla no Parlamento para evitar a privatización da Sanidade Pública galega.

Unha vez celebrada esta reunión queremos aproveitar esta publicación para animar ao resto de forzas políticas para que se poñan en contacto co Comité de Empresa e así poder transmitirlles de primeira man as nosas inquedanzas.

jueves, 24 de junio de 2010

PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS 2º EXERCICIO E ANUNCIO DA DATA E HORA DE REALIZACIÓN DOS 3º E 4º EXERCICIO DE DIVERSAS CATEGORÍAS

O martes 22 de xuño publicáronse as puntuacións definitivas do segundo exercicio e anúnciase o lugar e data da realización dos terceiros e cuartos exercicios das seguintes categorías:

Cociñeiro/a: 3º exercicio-29 xuño ás 9,00h. 4º exercicio-29 xuño ás 9,30h
Grupo auxiliar da función administrativa: 3º exercicio- 29 xuño ás 9,30h
Grupo xestión da función administrativa: 3º exercicio- 29 xuño ás 12,30h. 4º exercicio- 29 xuño ás 9,30h
Grupo técnico da función administrativa: 3º exercicio- 29 xuño ás 10,00h. 4º exercicio- 29 xuño ás 9,30h
Persoal de servizos xerais: 3º exercicio- 29 xuño ás 9,30h

As probas realizaranse na Escola Galega de Administración Sanitaria, situado en:

Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37 - Edificio CNL Portal A-B 1º andar

San Lázaro - Santiago de Compostela