Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

Mostrando entradas con la etiqueta concurso traslados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso traslados. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de julio de 2010

CONCURSO DE TRASLADOS

O 28 de xullo publicouse no DOG a convocatoria do concurso de traslados do resto de categorías.
RESUME CONVOCATORIA DO CONCURSO DE TRASLADOS.

1. Participan obrigatoriamente no concurso de traslados o persoal estatutario fixo en situación de reingreso provisional. IMPORTANTE: Aquí están incluídas as Comisións de servizo e terán que solicitar TODAS as prazas da súa categoría convocadas na súa área. O que non participe ou non solicite todas as prazas, e non obtenía destino pasará a excedencia voluntaria.

2. SOLICITUDES:

 Cubrir unha única solicitude a través do FIDES e imprimila para entregala co resto da documentación.
 IMPORTANTE: serán desestimadas as solicitudes con marcas ou riscaduras.
 As solicitudes dirixiranse á Dirección de RRHH do Servizo Galego de Saúde (San Lázaro, s/n, 15703 – Santiago de Compostela) e poderán presentarse:
• Consellería de Sanidade
• Xefaturas Territoriais de Sanidade dos Departamentos territoriais da Xunta
• Direccións Provinciais do Sergas
• Servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Sergas
• Servizos de persoal das Xerencias de Atención Primaria do Sergas
 Prazo de presentación de solicitudes: 15 DE SETEMBRO DE 2010.

3. DOCUMENTACIÓN:

 Copia do DNI ou Pasaporte
 Copia compulsada do nomeamento en propiedade na categoría.
 Certificación/s orixinal/es de servizos prestados como estatutario, tanto fixo como temporal, na mesma e en distinta categoría, nos distintos centros do Sistema Nacional de Saúde. SÓ SE VALORARÁN OS MÉRITOS ATA O 27 DE XULLO DE 2010.
 Copia compulsada dos diplomas de lingua galega.
 Persoal en excedencia: copia compulsada da resolución na que se lle concedeu.
 Persoal en reingreso provisorio/comisión de servizos: copia compulsada da resolución pola cal se autorizou.

4. As prazas serán IRRENUNCIABLES

5. Durante o prazo de presentación de solicitudes poderanse retirar ou modificar estas coa presentación dunha nova, que anulará a anterior. IMPORTANTE: transcorrido o prazo de presentación de solicitudes non se admitirán modificación ou retirada da solicitude, nin a presentación de novos documentos.

6. BAREMO DE MÉRITOS:

 Experiencia profesional: máximo 250 puntos

 Estatutario fixo mesma categoría: 0.60 puntos/mes
 Estatutario fixo distinta categoría: 0.25 puntos/mes
 Estatutario temporal: máximo 50 puntos
 Estatutario temporal mesma categoría: 0.30 puntos/mes
 Estatutario temporal distinta categoría: 0.10 puntos/mes
 Computaranse os meses por días naturais.

 Coñecemento lingua galega: máximo 10 puntos

 Iniciación ou celga 2 ou 3: 5 puntos
 Perfeccionamento ou celga 4: 10 puntos

lunes, 5 de julio de 2010

CALENDARIO PREVISIÓNS XULLO SOBRE OPE E CONCURSO DE TRASLADOS

O Sergas remiteu o calendario coas previsión de OPE e Concurso de traslados para o MES DE XULLO.

1º.- Venres, día 9 de xullo, publicación en DOG das puntuacións provisionais da fase de concurso (OPE) das seguintes categorías:

- Costureiro/a .

- Enfermeiro/a especialista en saúde mental .

- Fisioterapeuta .

- Grupo administrativo da función administrativa .

- Perruqueiro/a .

- Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía .

- Técnico/a especialista en hixiene bucodental .

2º.- Luns día 12 de xullo, publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso (OPE) da categoría de médico de familia de atención primaria e se abra o prazo de un mes para a presentación da documentación xustificativa de que se cumpren os requisitos da convocatoria.

3º.- Sobre mediados de xullo, publicación das notas provisionais dos exercicios da parte xurídica (cociñeiros/as) e de coñecemento de galego das categorías de cociñeiro/a, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX.

O prazo para a presentación da documentación da fase de concurso destas categorías estímase que sexa aberto sobre finais do mes de xullo.

4º.- Na segunda quincena do mes de xullo poderán publicarse as baremacións provisionais dalgunha categoría máis.

5º.- Mediados de xullo, respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios.

6º.- Segunda quincena mes de xullo, será convocado lprevisiblemente o concurso de traslados para categorías de licenciados sanitarios de atención primaria e do resto de categorías (excepto FEAS).

7º.- Mediados do mes de xullo, publicación no D.O.G. das resolución definitivas do concurso de traslados de FEAS así como da OPE de FEAS. Nas devanditas resolucións se anunciarán as datas dos prazos posesorios de ámbolos dous procesos, que será ao longo do vindeiro mes de setembro.

jueves, 21 de enero de 2010

Concurso de traslados persoal facultativo do SERGAS

Onte acordouse en Mesa Sectorial as bases para o concurso de traslados do persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde. A resolución está pendente de publicación en DOG. Informaremos novamente cando se abran os prazos de presentación de solicitudes.

Cabe salientar que incorporan no apartado do Baremo de Outras actividades, o seguinte:
  • Por servizos efectivamente prestados en hospitais comarcais públicos do Servizo Galego de Saúde caracterizados pola súa distancia e illamento (excepto os hospitais comarcais de Barbanza e do Salnés): 0,5 puntos por cada ano completo.