Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

jueves, 29 de abril de 2010

Convocatoria vinculacións temporais DUE para o 061.

O luns 26 de abril saiu publicada en DOG a Resolución pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais, na categoría de persoal de enfermaría (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Os/as DUE interesados/as deberán cumprir un requisito específico para formar parte desta listaxe:

Acreditar unha experiencia profesional mínima de dous meses nas áreas de urxencias e emerxencias extrahospitalarias tipo SEM, urxencias extrahospitalarias, urxencias hospitalarias, UCI ou reanimación.
E/ou formación específica adquirida mediante a realización debidamente acreditada de cursos de formación que inclúan os contidos de soporte vital avanzado cardiolóxico, pediátrico e traumatolóxico e/ou atención a accidentes de múltiples vítimas e catástrofes, directamente relacionados co desenvolvemento das funcións do posto.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación no Diario Oficial de Galicia. Rematando por tanto o 11 de maio de 2010.

Serán compatibles, e non constituirá causa de exclusión en ningunha delas, a inscrición dunha mesma persoa na listaxe correspondente á última convocatoria ordinaria de persoal de enfermaría (DUE) do Sergas e a que se publica do 061.