Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

martes, 4 de mayo de 2010

COMUNICADO DE PRENSA

O Comité de Empresa do HVX quere denunciar públicamente a pretensión da Consellería de Sanidade de reducir gasto público a costa de pór en risco a atención sanitaria que se presta no HVX.
A Consellería de Sanidade encabezada por Dª Pilar Farjas Abadía, deu a orde de que os radiólogos dos hospitais comarcais de Cee, Ribeira e Vilagarcía, que ata agora realizaban gardas localizadas pasasen a prestar servizos en gardas de presenza física de maneira rotatoria. De tal maneira que un só radiólogo atendería a demanda dos tres hospitais.
Os radiólogos, durante as gardas localizadas, a día de hoxe, poden ser chamados para a realización de probas radiolóxicas urxentes en calquer momento, valorando en función da patoloxía a máis convinte. Coa nova orde, isto só se virá facendo cando o radiólogo faga a garda no propio centro. Os días nos que esté nun centro distinto, estas probas urxentes non poderían realizarse, obrigando a que o paciente tivese que desprazarse ao Hospital da Coruña e volver novamente a Cee, onde seguiría a súa atención, despois de ter percorridos 200Km en ambulancia.
De cara á galería preténdese reducir gasto, e nós preguntámonos, ¿onde?. Porque o que se aforraría nas gardas, vaise a gastar en probas adicionais e en desprazamentos innecesarios. ¿Ou pretenden aforralo cando os profesionais se neguen a prestar esta temeraria atención e entón a leve a cabo unha empresa privada?. Ou o que non quere é precisamente aforrar.
Con isto queremos informar á poboación que coa nova política da Consellería, a Sanidade Pública vai a sufrir un grave deterioro, deixando á súa sorte á poboación dos hospitais comarcais.