Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

viernes, 12 de junio de 2009

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral


Resolución do 4 de xuño de 2009 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria. A incorporación da muller ao mundo laboral e académico é un feito indubidable, que supuxo unha transformación social. A evolución que tivo lugar durante o século XX e principios do XXI, deixa patente que cómpre un cambio no contexto social, xa que os roles de xénero asignado se poñen en cuestión posto que sufriron unha importante evolución ata o momento actual. Polo tanto son necesarios novos elementos que axuden nesta transformación, proporcionando un desenvolvemento axeitado, coherente e sustentable no tempo.