Desde mañana lunes todos los trabajadores del HVX, tendrán a su disposición en los diversos tablones de anuncios de cada unidad, así como en el local sindical, un escrito dirigido a la nueva Conselleira de Sanidade, Doña Mª Pilar Farjas Abadía. En el se solicita la incorporación de Celadores para el Hospital Virxe da Xunqueira en Cee. En dicho escrito también se hace referencia al Hospital da Barbanza, ya que la recogida de firmas se hará de forma simultanea, al igual que la entrega de estas.
El miedo más común, y extendido por parte del personal, a la llegada de Celadores es la supresión de puestos de trabajo en otras categorías (Auxiliar de Enfermería). Este asunto se contempla también en la redacción del texto, diferenciando claramente que toda aquella persona que exprese su apoyo a esta iniciativa, esta en desacuerdo con que se supriman puestos de otras categorías profesionales por la llegada de Celadores.
A continuación se publica el escrito a
A/A da Conselleira de Sanidade Dona Mª Pilar Farjas Abadía.
Asunto: Incorporación da categoría profesional de Celador no Hospital Virxe da Xunqueira e no Hospital da Barbanza.
Dende o pasado ano 2008, o persoal dos Hospitais Virxe da Xunqueira de Cee e Hospital da Barbanza en Ribeira, son a tódolos efectos persoal estatutario. Esto en base ao “Decreto 91/2007 do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Conselleria de Sanidade”.
En dito Decreto faise mención expresa aos Convenios colectivos dos anos 2002 e 2005 do persoal laboral do sector sanitario de Galicia, xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, no senso de que o primeiro convenio colectivo unificou e igualou as condicións xerais das Fundacións, e o segundo estreitou as diferenzas relativas ás condicións de traballo entre o persoal do sector e o do réxime estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
O Decreto 91/2007 tamén recolle o siguinte: “Así mesmo, a homologación deberase producir nas condicións de traballo do réxime estatutario, de forma que os traballadores pasarán a participar dos dereitos e deberes do persoal estatutario en condicións de homoxeneidade para que o dereito de opción de integración sexa real e efectivo no eido estatutario, tendendo a evitar as discriminacións derivadas da existencia de réximes xurídicos distintos, eludindo a concorrencia de privilexios ou prexuízos pola pertenza a un ou a outro réxime xurídico”.
Do mesmo xeito, o 31 de decembro do 2008, extinguíronse as fundacións públicas sanitarias, integrándose como hospitais tradicionais do SERGAS.
Tendo en conta todo o anteriormente citado, e ao que en xeral alude o Decreto 91/2007, que non é outra cousa que a progresiva integración, a tódolos efectos, dos profesionais que desenrolan as súas funcións, tanto en estes Hospitais, coma noutros anteriormente xestionados como Fundacións Públicas; consideramos se teña en conta a petición, por parte dos traballadores, de incorporar a categoría profesional de Celador. Para que así realmente se complete unha integración, a cal, a día de hoxe, consideramos incompleta. Xa que a falta de dita categoría segue sobrecargando a moitos dos profesionais dos nosos Centros. Sendo tamén, ao noso entender, un agravio comparativo con algunha outra antiga Fundación, que sí conta con dita categoría profesional, como é a do Hospital do Salnés (1 de outubro 2008). Deixando claro que dita incorporación de Celadores non supoña unha redución do cadro de persoal en outras categorías, respetando así a profesionalización de cada traballador, ao igual que ocorre no resto do SERGAS.
Para que así conste, tódolos a continuación asinantes no Anexo I, expresan o seu apoio a esta iniciativa, e solicitan a súa intercesión para resolver canto antes esta problemática.
Un cordial saúdo.