Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

domingo, 10 de mayo de 2009

A CONSELLEIRA DE SANIDADE PRESIDIU O ACTO DE PRESENTACIÓN DE RAMÓN ARES RICO COMO NOVO XERENTE DO HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

O novo responsable do centro sanitario de Cee conta cunha ampla experiencia en xestión sanitaria

Cee, 9 de maio de 2009.- A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, presidiu hoxe o acto de presentación de Ramón Ares Rico, como xerente do Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee. Farjas Abadía salientou que o novo xerente enfrontarase a importantes retos e para iso contará cun gran equipo de profesionais. Así, sinalou que, a eficiencia na xestión de recursos e a axilización dos procesos asistencias, serán algunhas das prioridades do novo equipo.

A conselleira de Sanidade tamén destacou que, entre outras liñas de traballo a abordar, están a mellora da continuidade asistencial entre a Atención Primaria e a Atención Especializada, e a reducción das listas de espera. 

O novo responsable deste centro sanitario da rede do Servizo Galego de Saúde naceu en Melide, no ano 1960, e é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago. Ramón Ares Rico é especialista en Saúde Pública, posúe tamén un máster en Dirección e Organización de Hospitais e Servizos de Saúde, pola Universidade Politécnica de Valencia. Asemade, é experto en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid.

Ares Rico ten unha ampla experiencia en xestión sanitaria dentro do Servizo Galego de Saúde. Así, entre outros postos, desenvolveu o cargo de coordinador de Admisión do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense (1994). Con posterioridade, no ano 1996, foi director xerente do Hospital Comarcal de Valdeorras; e tamén foi director xerente do Hospital da Costa, en Burela (2000).

Ademais de todo o antedito, foi director xerente do Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo (2002), e director médico do Hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa (2006).


Más sobre la noticia en: Xunqueira na prensa