Axuda
O xerente do Hospital Virxe da Xunqueira, Francisco Pazos Soto, presentou esta mañá a nova Unidade de Recuperación Post Anestésica, como complemento á Unidade de Reanimación xa existente. Esta unidade servirá para dar atención aos pacientes post cirúrxicos, debido ao incremento do 27 por cento da actividade cirúrxica deste centro pertencente, dende o pasado 1 de xaneiro, á rede do Servizo Galego de Saúde.A nova unidade, de preto de 70 metros cadrados, sitúase nas proximidades do bloque cirúrxico, e consta de seis postos de espertar. Estas instalacións permitirán mellorar a actividade cirúrxica e posibilitará a redución nas listas de espera.A actividade cirúrxica do Hospital Virxe da Xunqueira creceu en 2008 un 26,9 por cento respecto das intervencións realizadas no ano 2005. Ademais, o ano pasado máis dun terzo das intervencións cirúrxicas tiveron carácter ambulatorio.Apertura da área de consultasAdemais da antedita mellora da Unidade de Recuperación Pos Anestésica, o centro que dirixe Francisco Pazos Soto vai proceder á apertura dunha área de preto de 110 metros cadrados, gañada grazas ao peche de terrazas externas para a impermeabilización da fachada principal, e que se destinará a consultas de hospitalización a domicilio, hospital de día e unidade de soporte de coidados paliativos. Como consecuencia desta mellora, o centro disporá de maior espazo dedicado a labores e funcións de actividade asistencial do hospital de día, hospitalización a domicilio, así como para a unidade de soporte de coidados paliativos.Asemade, con esta obra auméntanse as consultas externas e consolídase a carteira de servizos do hospital coa adecuación de espazos, ao proceder a unificar, para unha mellor coordinación, ás áreas de Unidade de Soporte de Coidados Paliativos e a Hospitalización a Domicilio. Igualmente, prodúcese un incremento de dúas camas funcionais en hospitalización, por mor do traslado do Hospital de Día ás novas instalacións.O orzamento de todas estas melloras supuxo un investimento de, aproximadamente, 100.000 euros.
Publicado en: Novas da Xunta (Y aquí la noticia en la Prensa)