Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

viernes, 17 de abril de 2009

Apertura das listaxes de contratación SERGAS


SERVIZO GALEGO DE SAÚDE:


Resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias deste organismo en categorías de persoal médico de familia, pediatra, persoal médico de urxencias hospitalarias, odontóloga e odontólogo, persoal de enfermaría (DUE), matrona e matrón, auxiliar de enfermaría e cociñeira e cociñeiro.



Enlace no DOGA

É obrigatorio o pagamento de taxas?

Para quen se inscriba por primeira vez nas listas, é obrigatorio aboar as taxas (16,98 €). Tamén para aquelas persoas que xa figuran nas actuais listaxes e que queiran facer unha modificación substancial da súa solicitude anterior (a da convocatoria do ano 2006): isto é, cambiar de categoría, de lista ou de área respecto das solicitadas na convocatoria precedente.
Quen se limite a presentar novos méritos, estando xa inscrito nas listaxes da convocatoria de 2006, está exento do aboamento das taxas.

Onde podo conseguir os impresos de solicitude?

Os modelos normalizados de solicitude están a disposición dos interesados nas oficinas de rexistro das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, dos centros e complexos hospitalarios e das xerencias de atención primaria do organismo; así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

Qué prazo teño para presentar a miña solicitude?

As solicitudes no modelo normalizado, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos e méritos, deberán presentaranse entre o día 20 de abril e o 9 de maio de 2009 (estando os dous días incluídos).

Mais preguntas na Web do SERGAS