Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

sábado, 28 de febrero de 2009

OPE 2009

Decreto 25/2009, do 12 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público de
diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009.
De conformidade coas previsións contidas no artigo 115.3º da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de
saúde de Galicia, así como no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en relación coa convocatoria periódica de
procedementos de selección de persoal que garantan os principios constitucionais de
igualdade, mérito e capacidade no acceso, procede afrontar a oferta de emprego público de
diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009.
O ámbito da dita oferta circunscríbese ás categorías de persoal estatutario incluídas no anexo
deste decreto.
En consecuencia, tendo en conta as prazas vacantes nas distintas categorías de persoal
estatutario que afectan o funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co
previsto no artigo 31 da Lei 16/2008, do 23 decembro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2009, procede a aprobación da oferta de emprego público
relativa a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009.

Máis Información: Páxina do SERGAS

Outros enlaces de Interes:
Xunta Persoal do Salnés
CIG-Saúde HVX

Formulario de inscrición