Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

sábado, 17 de enero de 2009

Demanda do Comité de Empresa a Dirección do H.V.X



Dende hai moitos meses o Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira vén denunciando o obscurantismo ao que se ve sometido por parte da Dirección, por negarlle a información á cal ten dereito. É por iso que o Comité de Empresa quere informar aos medios de comunicación de que dende o 9 de decembro de 2008 está admitida a trámite no Xulgado nº 2 do Contencioso-administrativo de A Coruña a denuncia interposta polo Comité de Empresa ao Hospital Virxe da Xunqueira por vulnerar a liberdade sindical. A causa de dita denuncia é porque, esgotados os trámites administrativos, a Dirección deste centro non informou ao Comité de Empresa sobre o cadro de persoal aprobado no Hospital, os plans especiais de redución de listas de espera e outros datos de actividade do hospital. Dita información, a pesar de ser requerida polo Comité de Empresa en reiteradas ocasións, negóuselle o acceso, véndose obrigado o Comité a ter que reclamar este dereito nos xulgados.
Pero previsiblemente, ésta non será a única denuncia que se presente, porque o Comité, ainda estando pendente de que se lle conteste a un escrito no que se solicita información sobre o nomeamento, remuneración e funcións dos responsables Médicos, que a Dirección realizou sen ter en conta a normativa que para tal efecto existe no Servizo Galego de Saúde e basada na publicidade da convocatória e valoración dos méritos e capacidade dos aspirantes.
Todo isto non vén máis que a demostrar o que dende hai moito tempo se vén denunciando polo Comité de Empresa, a falta de información por parte da Dirección do que está a pasar no Hospital.
Autor: Comité de Empresa H.V.X
Más información picando aqui: Xunqueiranaprensa