Resolución do 12 de decembro do 2008 da Dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira pola que se publican os listaxes definitivos para a selección de aspirantes a vinculacións temporais convocadas pola resolución da Dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira do 23 de maio do 2008, en virtude do recollido no Pacto de Contratación Temporal de persoal na
F.P.H.V.X. de data 15 de outubro do 2005.
Unha vez vistas as reclamacións presentadas ós listaxes provisionais e feitas as modificacións correspondentes dos listaxes coas puntuacións resultantes, esta Dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira en aplicación do establecido no artigo 6 do Pacto de Contratación Temporal de Persoal na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira subscrito o 15 de outubro de 2005,
RESOLVE
Facer públicos os resultados definitivos de aspirantes a vinculacións temporais.
Contra os devanditos listaxes definitivos os interesados poderán formular recurso de alzada perante a Dirección da FPHVX no prazo dun mes contado dende a data seguinte á da súa publicación, tal e como establece o apartado 6.1.3 do Pacto de Contratación Temporal de Persoal na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira
Cee a doce de decembro do 2008.
Asdo.: Francisco José Pazos Soto Director da Fundación.
Paxina do SERGAS
Enlace: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=90438