Onte mércores, 26 de novembro de 2008, saíron publicadas as resolucións polas que se inicia o procedemento para solicitude de carreira profesional do Grao I para todas as categorías.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2009.
Só pode solicitar o Grao I de Carreira Profesional polo réxime extraordinario o persoal que tivera condición de fixo a 31 de decembro de 2005.
É necesario ter alomenos 5 anos de servizos prestados:
- Licenciados sanitarios: a 30 de xuño de 2007.
- Resto de categorías: a 30 de xuño de 2008.
Cada profesional deberá cubrir unha solicitude a través do FIDES segundo o modelo habilitado para tal fin. Ademáis fará copia en papel de dita solicitude e entregarase xunto coa documentación con rexistro de entrada. IMPORTANTE: está pendente de que se habilite o FIDES para poder iniciar os trámites. O servizo de RRHH informará cando dita opción esté habilitada.
Documentación a entregar:
-Certificado acreditativo de 5 anos de servizos prestados. Non será preciso presentalo no caso do solicitante que os teña prestados no centro de destino actual.
-Autoavaliación/relación de méritos. Documento que estará a disposición no FIDES.
-Documentación acreditativa dos méritos: formación continuada, actividade docente e compromiso coa organización. No caso dos licenciados sanitarios, certificado de ter participado nos cinco anos inmediatamente anteriores, nos obxectivos asistenciais cun cumprimento de alomenos un 70%.
Avaliación:
1. Nivel de desempeño nas actividades principais do posto de traballo.
- Nivel baixo: 6 créditos
- Nivel normal: 7 créditos
- Nivel alto: 8 créditos
Quen alcance os 7 créditos non precisará aportar méritos adicionais. No caso de que acade unha puntuación baixa, comunicaráselle ao traballador para que aporte méritos complementarios.
2. Actividades acreditadas: máximo 5 créditos
3. Compromiso coa organización.
Para máis información estamos a vosa disposición no comité de empresa.