Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

sábado, 15 de noviembre de 2008

Anuncio da publicación das listaxe provisionais de aspirantes de vinculacions temporais

Resolución do 12 de novembro do 2008 da Dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira pola que se publican os listaxes provisionais para a selección de aspirantes a vinculacións temporais convocadas pola resolución da Dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira do 23 de maio do 2008, en virtude do recollido no Pacto de Contratación Temporal de persoal na F.P.H.V.X. de data 15 de outubro do 2005.



Unha vez realizadas as valoracións correspondentes e feita a confección dos listaxes coas puntuacións resultantes, esta Dirección da Fundación Pública Virxe da Xunqueira en aplicación do establecido no artigo 6 do Pacto de Contratación Temporal de Persoal na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira subscrito o 15 de outubro de 2005,



RESOLVE

Facer públicos os resultados provisionais de aspirantes a vinculacións temporais.

Contra os devanditos resultados provisionais, os interesados poderán formular reclamación ante a Secretaria da F:P.H.V.X, dirixida ó Director da Fundación, nun prazo máximo de dez días hábiles contados a partires do seguinte a data de publicación.

Cee a 12 de novembro do 2008.


Asdo.: Francisco José Pazos Soto
Director da Fundación.


Autor: Web do SERGAS.

Enlace:http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=90438