Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

lunes, 14 de abril de 2008

A Dirección Xeral de Función Pública abre as listas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta

O prazo para a presentación das instancias, dada a extremada urxencia na confección das listas por parte da Administración, será de dez días desde a publicación no DOG
Santiago, 11 de abril de 2008.- A Dirección Xeral de Función Pública acorda a apertura das listas para a contratación temporal de persoal laboral nas seguintes categorías: terapeuta ocupacional, técnico especialista en xardín de infancia, oficial 1º condutor, condutor 1ª, condutores de altos cargos, condutor mecánico, axudante de taller, adxunto de taller, oficial de servizos técnicos, oficial 1ª de mantemento, oficial 1ª de oficios varios, oficial de primeira, auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermería, coidador xeriátrico, coidador, titulado superior médico, médico xeriatra, médico CEI, médico adxunto, médico, ATS, enfermeiro e DUE. Así aparece recollido hoxe nunha resolución do Diario Oficial de Galicia (DOG).
Os interesados en formar parte das lista deberán presentar a instancia conforme o modelo publicado como anexo no DOG ou descargala da páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).
O prazo para a presentación das instancias, dada a extremada urxencia na confección das listas por parte da Administración, será de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG. As solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común


http://novas.xunta.es/node/9325

Paxina do DOG:

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/8b4a66c5c7bc7c97c12574270051697a/$FILE/07000D014P045.PDF