Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

martes, 23 de febrero de 2010

Información OPE

PREVISIÓNS DE DATAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA OPE DO ANO 2009

1.- Grupo Técnico e Grupo de Xestión da Función administrativa

Día: 9 de marzo de 2010

Lugar: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Santiago de Compostela.

2.- Grupo Auxiliar da Función administrativa e Persoal de Servizos Xerais

Día: 13 de marzo de 2010

Lugar: Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).

3.- Cociñeiro/a

Días: 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo de 2010, en quendas de tres aspirantes cada día excepto os dous últimos días que será en quendas de dous aspirantes.

Lugar: Hospital Materno-Infantil de A Coruña.

Estas datas, así como os horarios concretos sairán publicados o vindeiro 24 de febreiro no Diario Oficial de Galicia.

NOTAS PROVISIONAIS DA FASE DE CONCURSO DE FEAS: Publicación o 12 de febreiro das seguintes categorías:

-FEA de análises clínicas

-FEA de aparello dixestivo

-Especialista de área de farmacia hospitalaria

-FEA de medicina física e rehabilitación

-FEA de microbioloxía e parasitoloxía

-Odontólogo/a de atención primaria

Publicación o 19 de febreiro das seguintes categorías:

-FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo

-FEA de nefroloxía

-FEA de psiquiatría

-FEA de Xeriatría

NOTAS DEFINITIVAS DA FASE DE OPOSICIÓN DE TODAS AS CATEGORÍAS CUXOS EXERCICIOS FORON REALIZADOS NOS MESES DE OUTUBRO-NOVEMBRO DE 2009: publicación o 19 de febreiro.

APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE MÉRITOS: O mércores, día 24 de febreiro, publicarase no DOG a apertura do prazo (15 días hábiles) para a presentación dos méritos da fase de concurso das categorías cuxos exercicios foron realizados nos pasados meses de outubro e novembro (coa excepción das categorías nas que se debe realizar un exercicio práctico, é dicir, grupo técnico, grupo de xestión, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e cociñeiros).