Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

martes, 23 de febrero de 2010

CELADORES

O Comité de Empresa do HVX quere informarvos da creación do blog QUEREMOS CELADORES XA e invitarvos a que participedes nel.
Foi creado a iniciativa dos Comités de Empresa do Hospital da Barbanza e do Hospital Virxe da Xunqueira para tervos informados das noticias relacionadas coa incorporación dos celadores nestes hospitais.
Propoñémosvos unha iniciativa para facer chegar a nosa reclamación de incorporación de celadores, a través da páxina web do Valedor do Pobo.
Se entrades na páxina do Valedor do Pobo, na parte inferior da páxina aparece un apartado de PRESENTACIÓN DE QUEIXAS EN INTERNET.
Deberanse cubrir os datos persoais (nome, apelidos, DNI e enderezo)para que o Valedor do Pobo vos remita a súa contestación ao voso enderezo.
O órgano da Administración contra o que queremos presentar a queixa é a CONSELLERIA DE SANIDADE.
Motivo da queixa: este é un modelo que poderedes utilizar, aínda que cada un pode expresar os seus propios motivos.

"Son traballador/a do Hospital Virxe da Xunqueira situado na localidade de Cee e que pertenzo á categoría profesional de…………………..O persoal deste centro foi integrado de pleno dereito como persoal estatutario en febreiro de 2008 e o centro foi integrado como hospital comarcal da rede pública do Sergas o 1 de xaneiro de 2009. Este centro carece de celadores nos seus cadros de persoal. O celador é o profesional encargado do traslado e mobilización de doentes entre os distintos servizos, transporte de documentos e de mobiliario, traslado de aparataxe clínico,etc.

Como neste centro non existe a figura do celador, estas funcións estanas a realizar outros profesionais como son os/as enfermeiros/as, auxiliares de enfermería, técnicos de Raios, etc, producíndose así un agravio comparativo co persoal que traballa noutros centros do Sergas.
Considero importante mencionar que o Hospital do Salnés en Vilagarcía de Arousa, integrado ao mesmo tempo que o noso na rede do Sergas, xa conta con 18 celadores dentro do seu cadro de persoal.

Polo tanto, solicítolle que medie neste conflicto coa Conselleira de Sanidade, solucionando o problema, para que non existan diferenzas dentro da mesma administración.
Os profesionais destes centros ademáis de estar discriminados pola Consellería neste aspecto, padecen unha sobrecarga de traballo que inflúe negativamente na súa saúde pola realización das súas propias funcións e as funcións “asumidas” de celador.

Atentamente,"

Unha vez enviado, só nos queda esperar a resposta.

ANÍMATE E PARTICIPA.
É UNHA MANEIRA DE CONSEGUILO.