Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

lunes, 27 de julio de 2009

Comité Científico do Plan galego de preparación e resposta á pandemia de gripe.

Orde do 20 de xullo de 2009, da Consellería de Sanidade, pola que se procede ao nomeamento dos membros do Comité Científico do Plan galego de preparación e resposta á pandemia de gripe.




Orde do 20 de xullo de 2009, da Consellería de Sanidade, pola que se procede ao nomeamento dos membros do Comité Científico do Plan galego de preparación e resposta á pandemia de gripe.

Por Orde do 18 de febreiro de 2005 creouse a Comisión Asesora do Plan galego de preparación e resposta á pandemia de gripe. O artigo 5 prevía a posibilidade de constituír os grupos de traballo específicos que considerase necesarios para o estudo e formulación das propostas que deberá de coñecer e estudar a comisión, antes da emisión do seu informe.


A Orde do 29 de xuño de 2009 creou un grupo de traballo denominado Comité Científico do Plan galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG), baixo a coordinación da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, e coas funcións determinadas no artigo 2 da orde citada.


De conformidade co artigo 3 da ndita orde, o comité estará composto por entre seis e dez profesionais da comunidade autónoma, con demostrada experiencia en aspectos relacionados coa epidemioloxía, co manexo, diagnóstico, tratamento e seguimento de enfermidades transmisibles producidas por virus. A composición terá en conta a diversidade de disciplinas que require a análise e a xestión deste tipo de situacións.


O artigo 4 da citada Orde do 29 de xuño de 2009, determinaba que os membros do comité serán nomeados e cesados por acordo da conselleira de Sanidade, por proposta da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación. O nomeamento farase por un período máximo de tres anos contado desde a súa data.


Con data do 16 de xullo de 2009, a directora xeral de Saúde Pública e Planificación, realizou a proposta de nomeamento de membros, de conformidade co previsto no artigo 4 da Orde do 29 de xuño de 2009.


En consecuencia, conforme as facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro, en relación co artigo 4 da Orde do 29 de xuño de 2009...



Sigue en DOG