Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

viernes, 30 de enero de 2009

COMUNICADO COMITE DE EMPRESA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA DE CEE.


O Comité de Empresa do HVX unha vez esgotadas todas as vías posibles para a obtención de información sobre a actividade do hospital, decidiu interpoñer unha denuncia nos xulgados do contencioso-administrativo.
A raíz de que o Comité fai pública esta denuncia, o Director Xerente deste Hospital, inicia unha campaña de descalificacións hacia o Comité de Empresa en diferentes medios de comunicación.
En primeiro lugar, acúsasenos de que as críticas obedecen a un momento preelectoral e que os obxectivos que se buscan son políticos. O Comité de Empresa non persegue ningún obxectivo político, só queremos unha Dirección que respete ao Comité e defenda os intereses dos traballadores dentro da legalidade vixente. Iso non é máis que a excusa totalmente premeditada e realmente partidista, de alguén que o único que busca é encubrir a súa inoperancia e defender o seu cargo político a toda costa.
En segundo lugar, o noso Director Xerente enche a boca dicindo que se o xulgado do contencioso-administrativo tramita unha denuncia, que darán unha resposta adecuada á lei. Isto é totalmente falso, xa que tras tres requerimentos do Xuíz, o Hospital non remitiu documentación algunha, polo que o Xuíz decidiu xa autorizar ao noso avogado para tramitar o inicio do xuízo.
En terceiro lugar, acúsasenos de comportamento inmaduro e irresponsable, ao non destacar a faceta positiva dalgúns éxitos desta Dirección, como o que supuxo no mundo científico os fastos do X aniversario. É moi significativo e tamén bochornoso que nos fastos, como el os chama, se tivera que encher o salón de actos do Centro con dous autobuses de estudiantes da facultade de Mediciña. O Xerente confundiu o Aniversario do Hospital cunha homenaxe a súa persoa, organizando uns actos totalmente faraónicos para as posibilidades reais do noso centro, olvidándose dos verdadeiros protagonistas que non son máis que os traballadores do Centro, verdadeiros artífices de que este hospital funcionara durante estos anos.
En cuarto lugar, do aumento dos cadros de persoal e o incremento nos orzamentos, mérito que se quere atribuir, só contestarlle que a pesar de todo, os resultados son peores que cando éramos menos e con menos orzamentos.
E en quinto e último lugar, queremos manifestar o noso apoio ao servizo de mediciña interna polos ataques irresponsables que está recibindo do Xerente a través dos medios de Comunicación, así como facer un chamamento á poboación atendida polo noso hospital, de seguir confiando nos profesionais de dito servizo como viñeron facendo durante máis de dez anos.
Ante a gravidade das descalificacións vertidas polo noso Xerente contra este comité de Empresa, que non fan máis que mostrar públicamente unha realidade que vimos padecendo os traballadores do Centro, rexidos por unha actitude soberbia e dirixidos por unha xestión chea de despropósitos, pedimos públicamente o cese inmediato do Director Xerente do HVX, D. Francisco José Pazos Soto.
E dado que o Sergas é coñecedor dunha longa lista de reclamacións deste comité de Empresa, pedimos coherencia e facémolos directamente responsables de manter no cargo a unha persoa adicada a facer a súa vontade, sen escoitar as peticións do persoal, xerando desmotivación laboral nos traballadores que ven dificultada a súa labor debido a unha xestión que nunca estivo a altura do que precisaba e demandaba este hospital.
Nestos tempos de precampaña electoral, no que tanto se fala de responsabilidade política e de honradez, pedimos aos responsables políticos que sexan consecuentes coas súas promesas, e que tomen as medidas adecuadas para pór fin a todo isto.