Orde do 28 de outubro de 2008 para o acceso á carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007.
DIARIO OFICIAL DE GALICIA.
Nº 213/ I.DISPOSICIÓNS XERAIS.
Orde do 28 de outubro de 2008 para o acceso á carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007.A teor do artigo 8 do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 100, do 25 de maio), tras o remate dos procesos de integración nel regulados establecerase o procedemento para que o persoal laboral fixo en 31-12-2005, que tivese optado pola súa integración no réxime estatutario, poida acceder ao recoñecemento previo do nivel de desenvolvemento profesional, de conformidade co Decreto 155/2005, do 9 de xuño, sobre un réxime extraordinario de recoñecemento do desenvolvemento profesional do persoal estatutario das categorías de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 122, do 13 de xuño); e co Acordo de mesa sectorial do 12 de xuño de 2006 polo que se regula o acceso extraordinario á carreira profesional do persoal diplomado sanitario con vínculo estatutario fixo nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e as bases de negociación do réxime definitivo de carreira profesional, publicado en virtude de Resolución do 28 de xullo de 2006 (DOG nº 115, do 11 de agosto).A cláusula adicional oitava do Acordo do 21 de xuño de 2007, publicado por Resolución do 25 de outubro de 2007 (DOG nº 208, do 26 de outubro) fai a mesma previsión en relación co acceso extraordinario á carreira profesional do persoal das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional, que optase pola súa integración no réxime estatutario.O mesmo Decreto 91/2007 establece que mediante orde da Consellería de Sanidade determinaranse os requisitos e o sistema de avaliación para o acceso ao recoñecemento previo do nivel profesional en termos parangonables aos recollidos para o persoal estatutario nas disposicións que o desenvolven, tendo en conta as características propias de funcionamento das institucións do ámbito de aplicación do decreto. Así mesmo, determinará o procedemento para presentación de solicitudes e recoñecemento do nivel de desenvolvemento profesional con determinación do alcance e a efectividade deste. O decreto determina tamén os efectos económicos de cada grao para as categorías de licenciados e diplomados sanitarios. O Acordo do 21 de xuño de 2007, pola súa parte, establece os efectos económicos para as categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional.
Esta orde estruturouse en nove artigos:Do artigo 1 ao 6 establécense unha serie de normas de aplicación común para todas as categorías como é o ámbito de aplicación, procedemento de acceso e efectos do recoñecemento recollendo as liñas xerais do réxime de carreira establecidas nas tres normas vixentes que regulan o acceso do persoal estatutario ao réxime extraordinario de desenvolvemento profesional.A apertura do prazo para solicitar o acceso a cada grao realizarase por resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.Realízase unha aclaración especial canto aos servizos prestados, cuxo cómputo incluirá os servizos prestados como persoal laboral na mesma categoría ou especialidade previos á integración (o artigo 7.4º do Decreto 91/2007 di que serán considerados para todos os efectos como servizos prestados no réxime estatutario).Os artigos 7, 8 e 9 establecen normas específicas para as categorías de licenciados e diplomados sanitarios, e de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional.Os criterios de avaliación son os establecidos para cada categoría nas respectivas normas de carreira.Constituiranse comités de avaliación de carreira en cada entidade, segundo o establecido nos acordos de diplomados sanitarios e de persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional, aos que lles corresponderá a avaliación e proposta de recoñecemento dos graos. No caso dos licenciados sanitarios, non se crearon comités de centro, polo que a avaliación e proposta corresponderalle á Comisión Técnica de Avaliación.Esta orde foi obxecto de negociación no seo da Mesa Sectorial.Por todo o que antecede, en virtude das competencias conferidas pola Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, e polo Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade,
Maís información no seguinte enlace: http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/469E2?OpenDocument