Ao mesmo tempo que a Dirección anuncia o aumento de persoal no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, dende o Comité de Empresa só poden apelar á "ironía" e ao sentido do humor.
Fuente: Que Pasa na Costa 30/05/08
A dirección asegura que o Sergas ten autoizado a contratación para este exercicio do 2008 de 41 persoas, un crecemento maior do 20% sobre o persoal do exercicio anterior. Pola súa parte, dende o Comité pregúntan, con ironía, onde están os TER, TEL e Auxiliares de Enfermería prometidos pola Dirección. Tamén se preguntan dende o Comité se os celadores que, supostamente, chegarán por outubro, tomarán a decisión hostil de non presentarse. Agardemos que todo o asunto finalice coa chegada de todos os traballadores que ten solicitado a dirección e colman o 80% das peticiçons do Comité.
Nota de prensa da Dirección do Hospital
A Dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, seguindo a liña de mellora continua da calidade na atención ao paciente, e de acordo cun dos obxectivos do plan estratéxico, de aumento do cadro de persoal, informa que a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde atentendo as demandas que se lle realizaron, autorizou a consolidación e aumento de persoal dos seguintes profesionais:
1 Médico anestesista.
1 Médico traumatólogo.
2 Técnicos de laboratorio (TEL).
1 Técnico de radioloxía (TER).
4 Auxiliares de enfermería.
Aumento de Persoal.
2 Médicos de urxencias.
2 Auxiliares administrativos.
1 Matrona.
Esta autorización supón un cadro de persoal de 241 traballadores, representando un aumento neste exercicio 2008 de 41 persoas, un crecemento maior do 20% sobre o persoal do exercicio anterior.
Reunión
Ao mesmo tempo, a próxima semana terá lugar unha reunión de directivos do Hospital Virxe da Xunqueira e do Hospital Juan Canalejo coa seguinte orde do día:
Desenvolvemento do plan de apoio das especialidades;
Consultas de alta resolución de cardioloxía, dixestivo e uroloxía.
Enlace: http://quepasanacosta.com/content/view/2110/26/