Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

Mostrando entradas con la etiqueta Carreira Profesional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carreira Profesional. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de diciembre de 2009

CIG-Saúde y SAE convocan huelga para el 16 de diciembre



Los sindicatos CIG-Saúde y SAE han convocado una jornada de huelga para el próximo 16 de diciembre en toda la sanidad Gallega.

Aquí os informamos de dicha convocatoria, pero para ampliar información al respecto, tendréis que contactar con los delegados y/o representantes de dichos sindicatos en el Hospital Virxe da Xunqueira.

Un saludo.

viernes, 27 de noviembre de 2009

PLATAFORMA SINDICAL

Na mesa sectorial de hoxe, a plataforma rexeitamos unanimemente a proposta do SERGAS que pretendía que fora definitiva. Posteriormente, presentousenos unha nova oferta a modo de acta que tamén pretenden que asinemos. Nesta, aparece a redistribución no tempo ofertada a semana pasada, novamente a Carreira Ordinaria pero sen definir, tamén aparece por primeira vez a Carreira Extraordinaria para o persoal transferido do Hospital Naval de Ferrol e un pago por cartillas(TIS) ao persoal Sanitario. A semana que ven haberá unha nova mesa Sectorial que dí o Sergas que será a definitiva.



Máis Infomación:



(Sindicatos representados no Comité de Empresa)



Outros Sindicatos:




viernes, 2 de octubre de 2009

Asamblea Informativa Carrera Profesional en el H.V.X.





Aquí podéis informaros sobre lo que se comento en la Asamblea Informativa ofrecida en el Salón de Actos del H.V.X el pasado 29 de septiembre.


Más información en : Xunqueira na Prensa

Plataforma Sindical Información Urxente











lunes, 21 de septiembre de 2009

ASAMBLEA INFORMATIVA CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA



O próximo martes 29 de setembro de 2009 ás 12 horas no Salón de Actos do HVX terá lugar unha Asamblea informativa de traballadoresconvocada pola Plataforma sindical para a defensa da CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA formada polos sindicatos (CCOO, CESM, CSI-CSIF, SAE, UGT e CIG-SAÚDE).

ORDE DO DÍA:

1.- Situación actual da negociación da Carreira Profesional Ordinaria.

Ademáis, ao día seguinte o mércores 30 de setembro ás 12 horas faremos unha concentración na porta do HVX como medida de protesta que será secundada en todos os centros do Sergas.

viernes, 18 de septiembre de 2009

CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA

COMUNICADO A TÓDOL@S TRABALLAD@S


As organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, SAE, UGT e
CIG-SAÚDE queren denunciar perante a opinión pública a actitude que
mantén a Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os
profesionais do sistema sanitario galego ao recoñecemento profesional.
O Servizo Galego de Saúde é o único servizo de saúde que non
ten desenvolvido o réxime ordinario de carreira profesional das/os
súas/seus traballadoras/os. O argumento esgrimido é que o actual
goberno non pode asumir o custo desta carreira, e de presentar algún
texto este sería mais regresivo que o texto presentado polo anterior
goberno e rexeitado polas organizacións sindicais.
É lamentable que non saibamos cal vai ser a proposta que sobre
carreira ordinaria ten pensado presentar o actual equipo da Consellaría de
Sanidade. Pero todo parece apuntar que a política de “Xestión de Aforro”,
anunciada tantas veces, na sanidade pública preténdese facer en base a
impedir que unha parte das/os traballadoras/es do SERGAS teña
dereito a unha carreira profesional “DIGNA” en consonancia co
modelo de carreira extraordinaria dos seus compañeiros e do resto de
carreiras negociadas e xa implantadas nos servizos de saúde das CCAA.
Estaba aceptado por todas as partes que compoñen a Mesa
Sectorial que teríamos RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA, pero a
día de hoxe iso xa non está claro no SERGAS, polo que as organizacións
sindicais vémonos na obriga de retomar as mobilizacións que no seu
momento adiáramos para darlle un marxe de confianza ao novo governo
da Xunta.

Polo tanto a Plataforma Sindical, formada por: CCOO, CESM,
CIG, CSIF, SAE e UGT, vai levar a cabo:

1. Campaña informativa nos centros semana do 14 de setembro.
2. Asembleas nos centros semana do 21 de setembro.

Documento: Aquí

martes, 21 de julio de 2009

Recoñecemento do grao II de desenvolvemento profesional.

Resolución do 3 de xullo de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para que determinado colectivo de persoal laboral das categorías de licenciados sanitarios do sector sanitario público, xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007, solicite o recoñecemento do grao II de desenvolvemento profesional.De conformidade coa Orde do 28 de outubro de 2008 (DOG nº 213, do 3 de novembro), o persoal laboral fixo no 31-12-2005, que tivese optado pola súa integración no réxime estatutario, pertencente ás categorías sanitarias de licenciados con título de especialista en ciencias da saúde e licenciados sanitarios, poderá acceder ao grao II con efectos do 1 de xullo de 2008, nos termos establecidos no Decreto 155/2005, do 9 de xuño (DOG nº 112, do 13 de xuño), sobre o réxime extraordinario de recoñecemento do desenvolvemento profesional do persoal estatutario das categorías de licenciados sanitarios, coas particularidades establecidas no Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade, e na citada Orde do 28 de outubro de 2008.

Enlace: DOG

(Aún está pendiente que se abra el plazo para el grado II del resto de categorías, que aún está sin negociar).

jueves, 27 de noviembre de 2008

INFORMACIÓN SOBRE AS RESOLUCIÓNS DE CARREIRA PROFESIONAL

Onte mércores, 26 de novembro de 2008, saíron publicadas as resolucións polas que se inicia o procedemento para solicitude de carreira profesional do Grao I para todas as categorías.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2009.
Só pode solicitar o Grao I de Carreira Profesional polo réxime extraordinario o persoal que tivera condición de fixo a 31 de decembro de 2005.
É necesario ter alomenos 5 anos de servizos prestados:
- Licenciados sanitarios: a 30 de xuño de 2007.
- Resto de categorías: a 30 de xuño de 2008.
Cada profesional deberá cubrir unha solicitude a través do FIDES segundo o modelo habilitado para tal fin. Ademáis fará copia en papel de dita solicitude e entregarase xunto coa documentación con rexistro de entrada. IMPORTANTE: está pendente de que se habilite o FIDES para poder iniciar os trámites. O servizo de RRHH informará cando dita opción esté habilitada.
Documentación a entregar:
-Certificado acreditativo de 5 anos de servizos prestados. Non será preciso presentalo no caso do solicitante que os teña prestados no centro de destino actual.
-Autoavaliación/relación de méritos. Documento que estará a disposición no FIDES.
-Documentación acreditativa dos méritos: formación continuada, actividade docente e compromiso coa organización. No caso dos licenciados sanitarios, certificado de ter participado nos cinco anos inmediatamente anteriores, nos obxectivos asistenciais cun cumprimento de alomenos un 70%.
Avaliación:
1. Nivel de desempeño nas actividades principais do posto de traballo.
- Nivel baixo: 6 créditos
- Nivel normal: 7 créditos
- Nivel alto: 8 créditos
Quen alcance os 7 créditos non precisará aportar méritos adicionais. No caso de que acade unha puntuación baixa, comunicaráselle ao traballador para que aporte méritos complementarios.
2. Actividades acreditadas: máximo 5 créditos
3. Compromiso coa organización.
Para máis información estamos a vosa disposición no comité de empresa.

lunes, 3 de noviembre de 2008

Orde do 28 de outubro de 2008 para o acceso á carreira profesional.


Orde do 28 de outubro de 2008 para o acceso á carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007.


DIARIO OFICIAL DE GALICIA.

Nº 213/ I.DISPOSICIÓNS XERAIS.



Orde do 28 de outubro de 2008 para o acceso á carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007.A teor do artigo 8 do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 100, do 25 de maio), tras o remate dos procesos de integración nel regulados establecerase o procedemento para que o persoal laboral fixo en 31-12-2005, que tivese optado pola súa integración no réxime estatutario, poida acceder ao recoñecemento previo do nivel de desenvolvemento profesional, de conformidade co Decreto 155/2005, do 9 de xuño, sobre un réxime extraordinario de recoñecemento do desenvolvemento profesional do persoal estatutario das categorías de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 122, do 13 de xuño); e co Acordo de mesa sectorial do 12 de xuño de 2006 polo que se regula o acceso extraordinario á carreira profesional do persoal diplomado sanitario con vínculo estatutario fixo nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e as bases de negociación do réxime definitivo de carreira profesional, publicado en virtude de Resolución do 28 de xullo de 2006 (DOG nº 115, do 11 de agosto).A cláusula adicional oitava do Acordo do 21 de xuño de 2007, publicado por Resolución do 25 de outubro de 2007 (DOG nº 208, do 26 de outubro) fai a mesma previsión en relación co acceso extraordinario á carreira profesional do persoal das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional, que optase pola súa integración no réxime estatutario.O mesmo Decreto 91/2007 establece que mediante orde da Consellería de Sanidade determinaranse os requisitos e o sistema de avaliación para o acceso ao recoñecemento previo do nivel profesional en termos parangonables aos recollidos para o persoal estatutario nas disposicións que o desenvolven, tendo en conta as características propias de funcionamento das institucións do ámbito de aplicación do decreto. Así mesmo, determinará o procedemento para presentación de solicitudes e recoñecemento do nivel de desenvolvemento profesional con determinación do alcance e a efectividade deste. O decreto determina tamén os efectos económicos de cada grao para as categorías de licenciados e diplomados sanitarios. O Acordo do 21 de xuño de 2007, pola súa parte, establece os efectos económicos para as categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional.


Esta orde estruturouse en nove artigos:Do artigo 1 ao 6 establécense unha serie de normas de aplicación común para todas as categorías como é o ámbito de aplicación, procedemento de acceso e efectos do recoñecemento recollendo as liñas xerais do réxime de carreira establecidas nas tres normas vixentes que regulan o acceso do persoal estatutario ao réxime extraordinario de desenvolvemento profesional.A apertura do prazo para solicitar o acceso a cada grao realizarase por resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.Realízase unha aclaración especial canto aos servizos prestados, cuxo cómputo incluirá os servizos prestados como persoal laboral na mesma categoría ou especialidade previos á integración (o artigo 7.4º do Decreto 91/2007 di que serán considerados para todos os efectos como servizos prestados no réxime estatutario).Os artigos 7, 8 e 9 establecen normas específicas para as categorías de licenciados e diplomados sanitarios, e de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional.Os criterios de avaliación son os establecidos para cada categoría nas respectivas normas de carreira.Constituiranse comités de avaliación de carreira en cada entidade, segundo o establecido nos acordos de diplomados sanitarios e de persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional, aos que lles corresponderá a avaliación e proposta de recoñecemento dos graos. No caso dos licenciados sanitarios, non se crearon comités de centro, polo que a avaliación e proposta corresponderalle á Comisión Técnica de Avaliación.Esta orde foi obxecto de negociación no seo da Mesa Sectorial.Por todo o que antecede, en virtude das competencias conferidas pola Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, e polo Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade,