O luns 8 de febreiro de 2010 saiu publicada no DOG a Resolución do 22 de xaneiro de 2010, da
Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2010.
Convócanse as probas para a obtención dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2010.
Realizaránse 3 convocatorias:
-Convocatoria de maio de 2010, para Galicia.
-Convocatoria de outubro de 2010, para América.
-Convocatoria de novembro de 2010, para Galicia, resto do Estado español e Europa.
Destinatarios: As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2010, nacionais ou estranxeiras.
Coa solicitude deberán presentar copia do DNI, pasaporte ou documento de identidade vixente.
Prazo de inscrición:
-Para a convocatoria de maio de 2010 (Galicia): ata o día 25 de marzo de 2010 (inclusive).
-Para a convocatoria de outubro de 2010 (América): ata o 30 de xuño de 2010 (inclusive).
-Para a convocatoria de novembro de 2010 (Galicia, resto do Estado español e Europa): ata o día 8 de outubro de 2010 (inclusive).
Datas de realización das probas:
Convocatoria de maio:
Celga 4: 22 de maio de 2010.
Celga 2: 23 de maio de 2010.
Celga 3: 29 de maio de 2010.
Celga 1: 30 de maio de 2010.
Convocatoria de outubro (só para América):
Celga 4: 7 de outubro de 2010, pola mañá.
Celga 2: 7 de outubro de 2010, pola tarde.
Celga 3: 8 de outubro de 2010, pola mañá.
Celga 1: 8 de outubro de 2010, pola tarde.
Convocatoria de novembro:
Celga 4: 20 de novembro de 2010.
Celga 2: 21 de novembro de 2010.
Celga 3: 27 de novembro de 2010.
Celga 1: 28 de novembro de 2010.
Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes de admitidos e admitidas para cada convocatoria.
Contía das taxas de exame:
O importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros. Para as probas que se realicen en países de América o importe será de 5,61 euros.
A listaxe definitiva de admitidos/as para cada un dos niveis e localidades publicarase na web www.xunta.es/linguagalega, 15 días naturais antes da realización de cada unha das probas.
Para máis información.