Buscar en este blog e Internet

Traduce la página...

viernes, 18 de septiembre de 2009

CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA

COMUNICADO A TÓDOL@S TRABALLAD@S


As organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, SAE, UGT e
CIG-SAÚDE queren denunciar perante a opinión pública a actitude que
mantén a Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os
profesionais do sistema sanitario galego ao recoñecemento profesional.
O Servizo Galego de Saúde é o único servizo de saúde que non
ten desenvolvido o réxime ordinario de carreira profesional das/os
súas/seus traballadoras/os. O argumento esgrimido é que o actual
goberno non pode asumir o custo desta carreira, e de presentar algún
texto este sería mais regresivo que o texto presentado polo anterior
goberno e rexeitado polas organizacións sindicais.
É lamentable que non saibamos cal vai ser a proposta que sobre
carreira ordinaria ten pensado presentar o actual equipo da Consellaría de
Sanidade. Pero todo parece apuntar que a política de “Xestión de Aforro”,
anunciada tantas veces, na sanidade pública preténdese facer en base a
impedir que unha parte das/os traballadoras/es do SERGAS teña
dereito a unha carreira profesional “DIGNA” en consonancia co
modelo de carreira extraordinaria dos seus compañeiros e do resto de
carreiras negociadas e xa implantadas nos servizos de saúde das CCAA.
Estaba aceptado por todas as partes que compoñen a Mesa
Sectorial que teríamos RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA, pero a
día de hoxe iso xa non está claro no SERGAS, polo que as organizacións
sindicais vémonos na obriga de retomar as mobilizacións que no seu
momento adiáramos para darlle un marxe de confianza ao novo governo
da Xunta.

Polo tanto a Plataforma Sindical, formada por: CCOO, CESM,
CIG, CSIF, SAE e UGT, vai levar a cabo:

1. Campaña informativa nos centros semana do 14 de setembro.
2. Asembleas nos centros semana do 21 de setembro.

Documento: Aquí