Como recordaredes o pasado mes de maio, o Comité de Empresa celebrou unha asamblea de traballadores na que transmitía unha información aportada pola Dirección sobre un aumento do cadro de persoal. Logo disto, a Dirección só se reuniu co Comité nunha reunión extraordinaria sobre reducións de xornada, a cal tardou 10 días en celebrarse e non se chegou a ningún acordo.
Desde entón a Dirección non volveu a reunirse co Comité, leva solicitada unha reunión ordinaria dende o 10 de xuño. Pero o que máis chama a atención, é que posteriormente se solicitou unha reunión extraordinaria, o 26 de xuño, e a día de hoxe, 8 de xullo, a través dun escrito se nos informa que non se vai a celebrar porque é a todas luces improcedente. Este Comité, a petición do servizo de Medicina Interna, pretendía atopar respostas a unha serie de preguntas formuladas por este servizo, pero en ningún momento buscaba asumir funcións que non lles correspondía. E moito menos negociar cuestións alleas ao Comité tal e como se nos presume no escrito remitido.
O que queremos dar a coñecer é o noso malestar pola indiferencia e menosprezo demostrado pola Xerencia deste hospital hacia o Comité de Empresa, e pola falta de “transparencia” sobre o que se está a facer, tan proclamada por esta Dirección.
Este Comité só quere traballar para poder facer deste hospital comarcal un hospital de primeira clase, e para iso, é necesario que a Dirección colabore e todos traballemos xuntos.