O pasado 23 de abril de 2008 saiu publicado no DOG a orde pola que se regula o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde.
Adxúntase o documento do DOG e un breve resumo do mesmo.
· Compútanse todos os servizos prestados en calquera Administración Pública e baixo calquer réxime xurídico.
· A unidade de persoal do complexo hospitalario, hospital, xerencia de área ou xerencia de atención primaria onde preste os seus servizos expedirá, logo de solicitude do interesado, o correspondente certificado de servizos prestados, conforme o modelo que se achega como anexo I.
· Cando se teñan prestado servizos noutros centros de organismos distintos a aquel en que se estea a prestar servizos, noutros centros da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou noutras administracións públicas, a certificación orixinal dos ditos servizos, conforme o modelo que se achega como anexo I, deberá ser asinada polo órgano competente.
· As solicitudes xunto cos certificados remitiranse á Dirección Provincial correspondente.
Unha vez resoltas as solicitudes polas Direccións Provinciais iniciarase o seu cobro.
Para calquer dúbida dirixídevos ao Comité de Empresa.
Un saúdo.
Ana Lestón
http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/6a865e7ef8be7f73c125743400231ec7/$FILE/07800D002P018.PDF